Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-1/2012 RE e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi acordado pola instrutora.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 30 de maio de 2012

José César Losada Álvarez
Xefe territorial en Ourense

ANEXO

Expediente: OU-1/2012 RE.

Denunciado: Ionel Stefan.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-4/2012 RE.

Denunciada: Rina do Nascimento Jiménez.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-7/2012 RE.

Denunciado: Luis Montoya Montoya.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-12/2012 RE.

Denunciado: José Antonio Bernard García.

Acto notificado: proposta de resolución.