Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 24008

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública sobre construción de almacén para explotación de porcino en Baroncelle-Carboentes.

José Daparte Paz solicitou desta Alcaldía licenza municipal para construción de almacén para explotación de porcino que se situará en Baroncelle-Carboentes.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Rodeiro, 14 de maio de 2012

Luís López Diéguez
Alcalde