Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2012, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo para a subministración de vehículos en réxime de alugueiro para esta axencia.

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: SC/12/002.08 (S/001/2012).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descripción: subministración de vehículos en réxime de alugueiro para a Axencia Galega de Infraestruturas.

c) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOG do 16 de marzo de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 52.800,00 €. Importe total: 62.304,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de maio de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 31 de maio de 2012.

c) Adxudicataria: Empresa Monforte, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 46.512,00 €. Importe total: 54.884,16 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas