Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23902

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de persoal licenciado sanitario.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, mediante Anuncio do 3 de abril de 2012, publicado no Diario Oficial de Galicia do 25 de abril de 2012, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, esta directora xerente, en exercicio de competencia delegada no artigo 5º j) da Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicarlle o posto ao solicitante que se indica no anexo desta resolución.

O adxudicatario deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 16 de maio de 2012

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto de traballo: xefe de servizo (SAP) de Valle Inclán-mañá (Ourense).

Adxudicatario: Raimundo Gulín González.

DNI: 34909709-X.