Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de modificación de tráficos da concesión V-7007;XG-381, A Coruña-Sada-Betanzos, con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu Regulamento de execución, aprobado polo Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, tramitase o expediente de modificación de tráficos da explotación da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7007;XG-381, A Coruña-Sada-Betanzos, con anexos, da empresa Autos Cal Pita, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4) efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de xuño de 2012

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade