Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 102/2012 interposto por Benita Ledo Santana e vinte e nove persoas máis contra a Resolución do 18 de maio de 2011, do Xurado Provincial de Montes en Man Común, pola que se resolve a clasificación como veciñal en man común do monte denominado Vales, a favor dos veciños da parroquia de Santo Estevo de Sandiás, no concello de Sandías, Ourense (DOG do 24 de maio de 2011 e corrección de erros de 30 de maio de 2011).
En consecuencia, esta xefatura territorial acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 8 de xuño de 2012
Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense