Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/58-1 e RL 2012/95-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícase a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faise saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertindo de que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que se poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

• Expediente nº: RL 2012/58-1.

Acta inf. nº: I152012000006027.

Empresa: Percoplast, S.L.

NIF: B15148695.

Enderezo: rúa Galileo Galilei, nave 31-32 (polígono industrial A Grela), 15008 A Coruña.

Materia: obstrución (incomparecencia e non presentación da documentación requirida).

Normativa infrinxida: artigos 5.3, 7 e 11 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, e artigo 7.1 do Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 40.1.b) do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 30.3.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Percoplast, S.L. unha sanción por importe de mil douscentos cincuenta euros (1.250 €).

• Expediente nº: RL 2012/95-1.

Acta inf. nº: I152012000018151.

Empresa: Rosas y Grelos, S.L.

NIF: B70234422.

Enderezo: (Hotel Hesperia) rúa Médico Rodríguez, 1-baixo, 15004 A Coruña.

Materia: obstrución (incomparecencia a citación da Inspección de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigo 11 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 40.1.b) do dito texto legal (falta grave en grao máximo).

Data da resolución: 24.4.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Rosas y Grelos, S.L. unha sanción por importe de cinco mil euros (5.000 €).

A Coruña, 24 de maio de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial de Traballo e Benestar