Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificación de acordo de inicio do procedemento de reintegro de axudas para o fomento da contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 61, do 28 de marzo) relativa ao expediente TR348A 2011/135-1.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que a asiste para poder realizar as alegacións e presentar a documentación que estime oportuna, entre a cal debe constar unha relación da variación de altas e baixas do persoal adscrito, no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido ao efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 24 de maio de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2011/135-1.

Nome ou razón social: Luz Mary Henao Martínez.

DNI/NIF: 49334184N.

Último enderezo coñecido: Alcalde Lens, 18, 2º C, 15010 A Coruña

Tipo de axuda: contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: inicio do expediente declarativo da procedencia de reintegro.