Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2011/321-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L. Elemol.

Domicilio social: avda. Pontevedra, 14, baixo, 36201 Ponte Caldelas.

Denominación: reforma L.M.T., C.T. Xustáns.

Situación: Ponte Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1 de 290 metros de lonxitude, con orixe no novo apoio nº 16, paso aéreo-subterráneo (PAS), da L.M.T. aérea Santa Ana-Fracha e final no apoio nº 18 (PAS) dela unha vez entre e saia do C.T. Xustáns. Reforma do centro de transformación Xustáns consistente no cambio do transformador de 160 kVA por un de 250 kVA e na construción de dúas casetas anexas á existente para as celas de manobra e o cadro de B.T. A instalación está situada en San Martiño de Xustáns, Ponte Caldelas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 9 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra