O 9 de maio de 2012 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Gabriel Martín Alonso pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.
Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela atópase á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela) e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2012
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia