Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23462

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre instalación de cortes de vacún en Vila (Santiso) (expediente 6751/12).

Daniel Taboada Fuentes (exp. 6751/12) presentou neste concello solicitude de licenza para a instalación de cortes de vacún no lugar de Vila, Santiso, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e os interesados formulen as alegacións que consideren convenientes.

Lalín, 4 de abril de 2012

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde