Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 31 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha notificación de incoación e trámite de audiencia de expediente sancionador PESAN1 2012/000077-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación e trámite de audiencia do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

O interesado dispón dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que xulguen pertinentes.

O expediente relacionado a seguir esta á disposición do interesado na Xefatura Territorial de Lugo, na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, sita en avda. Ramón Canosa, s/n, Celeiro-Viveiro-27863.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000077-2.

Denunciado: Basamar.

CIF: B27360569.

Enderezo: avda. Arcadio Pardiñas, 176, Burela.

Lugo, 31 de maio de 2012

Miguel A. Otero Soto
Instrutor