Advertidos erros na Orde do 15 de xullo de 2011 pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé, publicada no DOG núm. 144, do 28 de xullo de 2011, fanse as oportunas correccións:
– Na páxina 21.434, a letra b) do artigo 12.3.
Onde di: «b) Para acreditar o recollido no artigo 11.1.b), un certificado da entidade titular do plan de xestión en que se faga constar a porcentaxe dos días autorizados para o traslado de semente, a limpeza dos bancos marisqueiros, así como as actividades de semicultivo necesarias para a mellora da produción e os traballos de control, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros. No certificado incluirase:»
Debe dicir: «b) Para acreditar o recollido no artigo 11.1.b), un certificado da entidade titular do plan de xestión en que se faga constar a porcentaxe dos días dedicados ao traslado de semente, á limpeza dos bancos marisqueiros, así como ás actividades de semicultivo necesarias para a mellora da produción e aos traballos de control, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros. No certificado incluirase:»
– Nos anexos V e VI que quedan tal e como se publican a continuación.