Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 25 de maio de 2012 de non someter a modificación puntual do Plan especial de ordenación da zona de servizo do porto, concello da Coruña, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan especial de ordenación da zona de servizo do porto, concello da Coruña ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental