Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 65/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación do proxecto: proxecto de L.M.T. cambio de sección SMR-733 (3ª fase).

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea C.T. Caranza nº 11-C.T. Caranza, 17, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,230 km, coa orixe na cela de liña existente no C.T. Caranza, nº 11 (expediente 27.640), condutor tipo R.H.Z.1, e final en empalmes proxectados na L.M.T. SMR-733, tramo a C.T. Caranza, nº 17 (expediente 27.640).

Liña eléctrica de media tensión subterránea C.T. Caranza nº 9-C.T. República Argentina, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,705 km, coa orixe na cela de liña existente no C.T. Caranza, nº 99 (expediente 27.640), condutor tipo R.H.Z.1, e final en empalmes proxectados na L.M.T. SMR-733, tramo a C.T. República Argentina coa entrada e saída no C.T. Caranza nº 1 (expediente 27.156)

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de maio de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña