Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23052

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á empresa Transformaciones Agrarias, S.A. (Tragsa), subscrita no exercicio 2012, para retirada, valorización e eliminación de todos os residuos plásticos agrícolas dos concellos adheridos ao Plan de retirada de plásticos agrícolas da Xunta de Galicia.

– Denominación. Encomenda de xestión para o servizo, retirada, valoración e eliminación do programa de recolla de plásticos agrícolas da Xunta de Galicia. Ano 2012.

– Actividade. Realizarase a retirada, valorización e eliminación de todos os residuos plásticos agrícolas dos concellos adheridos ao Plan de retirada de plásticos agrícolas da Xunta de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comenzará o 4 de xaneiro de 2012 e rematará o 30 de xuño de 2012.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase nun 80% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e encádrase no tema prioritario 3.44 (xestión de residuos domésticos e industriais).

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas