Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23086

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar do comezo das lecturas do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o 7 de xuño de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 15 de decembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar a totalidade das reclamacións presentadas en relación coas puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición.

Segundo. Que de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que as lecturas do terceiro exercicio da fase de oposición se realicen a partir do día 15 de xuño de 2012 na Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid 2-4 Santiago de Compostela a partir das 16.00 horas.

Terceiro. Consonte o disposto na devandita base, convócanse para a lectura pública os días 15 e 18 de xuño de 2012 ás 16.00 horas os aspirantes e no lugar que se indican no anexo.

Cuarto. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal.

Quinto. As convocatorias dos aspirantes que deberán concorrer os seguintes días de lectura serán efectuadas no taboleiro de anuncios do lugar onde se realizaron as anteriores e na páxina web da Xunta de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

María del Mar Pousa Cobas
Presidenta do tribunal

ANEXO

Día 15 de xuño. Aula número 14. 16.00 horas

DNI

Apelidos e nome

44832482P

Vales Caamaño, María

44832757F

Duro Regos, María José

33300785M

Enjo Mallou, María de la Cruz

33546825Z

Fernández López, Guillermo José

76813318B

Framiñán Santas, Ana María

Día 18 de xuño. Aula número 10. 16.00 horas

DNI

Apelidos e nome

76367602N

García Ferreiro, Ana Abel

35479562S

Goldar Pérez, María Teresa

36148916T

González Carracedo, Alberto

44465511W

González Fernández, Jorge

33548675R

Grandío Castiñeira, María