Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de maio de 2012, da Xefatura Territorial Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2012025TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 10 de abril de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2012025TA-OU, a José Carlos Piñeiro Areán, con DNI 76929734R, como titular do establecemento Café-Bar El Buho.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Carlos Piñeiro Areán, con DNI 76929734R, como titular del establecimiento Café-Bar El Buho, o dito acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de maio de 2012

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2012025TA-OU.

Denunciado: José Carlos Piñeiro Areán, como titular do establecemento Café-Bar El Buho.

Documento de identificación: DNI 76929734R.

Último enderezo coñecido: avda. Ourense, bloque 144-B, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.3.b) en relación co seu artigo 7.u) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco, modificada pola Lei 2/2006, do 10 de febreiro (BOE nº 36, do 11 de febreiro) e pola Lei 42/2010, do 20 de decembro (BOE nº 318, do venres 31 de decembro).

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).