Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012106TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 9 de maio de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2012106TA-CO incoado a Germinal Pardo Cao.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Germinal Pardo Cao o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 18 de maio de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012106TA-CO.

Interesado: Germinal Pardo Cao.

DNI/NIF/CIF: 33302550E.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa San Vicente 10, 7º B, 15011 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 35.a.1) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 41.a) e h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos 7.g) e 19.2.a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 30 € (trinta euros).