Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22753

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012 que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe €

2012

2013

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Promoción Económica para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

20.2.2012

Sen achega económica

Addenda de modificación do convenio de colaboración, asinado o 4 de abril de 2011, entre o Igape e a Escola de Organización Industrial (EOI) para o desenvolvemento dun programa de formación en internacionalización de pemes

23.3.2012

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva

11.4.2012

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Caixa Emprendedor XXI (grupo La Caixa) para a organización do Premio Emprendedor XXI

30.4.2012

Sen achega económica