Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 21 de maio de 2012 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de dous predios (expedientes 2010001020 e 2010001022).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00835, L.M.T.A., C.T. e R.B.T.A. deriv. Berredo. IN407A 2007/11-3-A.T. TM A Bola

Concello: A Bola

Provincia: Ourense

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Ourense

Beneficiario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto

Persoas que se notifican

Data acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Benito Freire Nogueiras

Benito Freire Nogueiras

15.3.2012

15.3.2012

2010001020

2010001022

73

79

226,68

285,61