Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22971

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabana de Bergantiños

ANUNCIO de información pública sobre a contratación da concesión do servicio de abastecemento de auga potable e saneamento.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cabana de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número do expediente: 263/2012. Código: 22500.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión integral do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento no concello de Cabana de Bergantiños, mediante licitación con multiplicidade de criterios, por procedemento aberto.

b) Lugar de execución: Concello de Cabana de Bergantiños.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación.

a) As tarifas de consumo establecidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga potable, pola acometida á rede xeral de abastecemento e á rede xeral de saneamento, e pola prestación do servizo de saneamento e depuración de augas residuais, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o día 29 de marzo de 2012, e na actualidade en período de exposición pública (BOP nº 71, do 16 de abril) e que se adxunta como anexo II, e que poderá ser minorado polos licitadores, tendo como límite máximo as tarifas sinaladas na OF (epígrafe 1.1, 3 e 4) e na seguinte táboa:

Servizo

M3/mes

Tarifa límite

Abastecemento doméstico

=/< 15 m3/mes

0,40 €/m3/mes

Sumidoiros vivendas

2 €/mes/abonado

Depuración aboados con serv. mpal. abastecemento

=/< 15 m3/mes

0,25 €/m3/mes

b) Subvención ao concesionario para manter o equilibrio económico do contrato, pola diferenza entre as tarifas que se percibirán dos usuarios e os custos de explotación do servizo ofertados polo adxudicatario no proxecto de explotación que deberán presentar conforme á cláusula décimo primeira e que o vinculará ao longo da vida do contrato, por importe máximo de 50.000 euros, que poderá ser minorado polos licitadores.

c) As tarifas de acometida de auga potable e saneamento establecidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga potable, pola acometida á rede xeral de abastecemento e á rede xeral de saneamento, e pola prestación do servizo de saneamento e depuración de augas residuais, aprobada polo Pleno en sesión do día 29 de marzo de 2012, e na actualidade en período de exposición pública (BOP nº 71, do 16 de abril) e que se xunta como anexo II, e que poderá ser minorado polos licitadores, e que terá como límite máximo as tarifas sinaladas nas epígrafes 6 e 7 da citada OF.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 2% do importe dos ingresos previstos polo adxudicatario durante os 25 anos de duración da concesión e que figuran no proxecto de explotación presentado a licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Cabana de Bergantiños.

Enderezo: A Carballa s/n, Cesullas. 15115 Cabana de Bergantiños.

Teléfono: 981 75 40 20. Fax: 981 72 42 29.

Perfil do contratante: www.concello-cabana.com

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 30 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das 8.30 ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos de claúsulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación:

Concello de Cabana de Bergantiños. Rexistro Xeral. A Carballa s/n, Cesullas. 15115 Cabana de Bergantiños.

9. Criterios de adxudicación do contrato.

Os criterios contidos no prego e coa ponderación que nel se sinala. Publicados no perfil do contratante: www.concello-cabana.com

10. Apertura das ofertas.

Dentro dos 10 días hábiles seguintes ao remate do prazo para presentación de ofertas ou desde o día seguinte a entrada no Rexistro Xeral do Concello da derradeira proposta remitida por correo.

11. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, incluídos os anuncios publicados.

Cabana de Bergantiños, 31 de maio de 2012

José Muíño Domínguez
Alcalde