Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de maio 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia de varias resolucións de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova (Abegondo-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse aos interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de servizos múltiples de Monelos, A Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 28 de maio de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: recoñecementos de parcelas de descoñecidos.

Acto notificado: resolucións do 20 de febreiro de 2012.

Interesados:

Pedro Vázquez Amigo.

Jesús Lesta Gómez.

Antonio Seoane Botana.

Josefa Pérez Pazos.

María del Sol Veiras Mata.