Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22817

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se procede á publicación da relación de aspirantes que superaron a fase de oposición e de concurso.

En sesión realizada o día 1 de xuño de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 10 de maio de 2011 (DOG número 96, do 19 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 1, do 3 de xaneiro de 2011), acordou:

Primeiro. Facer pública, de conformidade coa base V.2, a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición e de concurso do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, e que figura como anexo a esta resolución.

De acordo coa dita base, os aspirantes dispoñen dun prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista nas súas letras a), b), c) e d).

Segundo. Elevar a devandita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como funcionarios en prácticas dos aspirantes que figuran nela.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2012

Eva María García Pérez
Presidenta do tribunal

Anexo

NIF

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total oposición

Total concurso

Total

33322813E

Arias López, María Yolanda

10.38

17.87

18.85

Exenta

47.10

36.00

83.10

44844787H

Vizcaíno Cordido, Vanesa

13.20

22.07

21.69

Exenta

56.96

0,00

56.96

76990792V

Álvarez Figueroa, Sabino

13

17.87

22.82

Exenta

53.69

1.35

55.04