Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22725

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 875/2011, interposto por María Jesús Valledor Puente e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo PO 875/2011, interposto por María Jesús Valledor Puente, María Concepción Castro Rodríguez, Aurora Pilar Martínez Suárez, María del Carmen Castro López, Carmen López Román, María Josefa Fernández González, María Teresa Serrano Moreno, María Luz Cortés Jiménez, Teresa Marchante Hernández, Julio Bralo Salgueiro, Montserrat Cid Domínguez, Ana Alonso Areal, Mercedes Belzunce Segarra, Concepción Barge Bustabad, Rosa María Díaz Pérez, Antonio Guerra González, Dolores Castro Castro, María Luísa González Muíños, María Virtudes Calo Sánchez, Sofía Irene Casas Calleja, José Manuel Domínguez Torres, María Elisa González Pérez, Rosa María Broullón Hermida e María Paz Lago Ballesteros, contra a Resolución do 23 de setembro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de setembro de 2011, que aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia (DOG nº 187, do 29 de setembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública