Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22581

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2012 pola que se convoca un Ciclo de Xornadas Formativas para Cargos Electos da Administración Local.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2012 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, e ante o interese suscitado pola realización da Xornada sobre Normativa Urbanística para Cargos Electos, convócase, en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local e coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), un Ciclo de Xornadas Formativas para Cargos Electos da Administración Local, integrado por oito xornadas, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Divulgación de contidos básicos con incidencia na actividade e xestión das entidades locais e formación de cargos electos locais.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– Organización e funcionamento das corporacións locais (22 de xuño de 2012).

– Réxime xurídico do persoal ao servizo dos entes locais (21 de setembro de 2012).

– Contratación pública das administracións locais (19 de outubro de 2012).

– Réxime xurídico do patrimonio e bens das corporacións locais (23 de novembro de 2012).

– Xestión económico-financeira e orzamentaria das entidades locais (18 de xaneiro de 2013).

– Plan municipal (14 de febreiro de 2013).

– Axudas e subvencións (15 de marzo de 2013).

– Normativa sectorial en materia de ambiente: saneamento e residuos; política forestal con especial referencia ao réxime xurídico dos incendios forestais; protección do patrimonio cultural (12 de abril de 2013).

3. Destinatarios.

Alcaldes, concelleiros e persoal eventual das entidades locais, e dos organismos delas dependentes, da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Desenvolvemento.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Datas: 22 de xuño, 21 de setembro, 19 de outubro e 23 de novembro de 2012 e 18 de xaneiro, 14 de febreiro, 15 de marzo e 12 de abril de 2013.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 6 horas lectivas por xornada.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes.

– Os interesados en asistir a este ciclo de xornadas formativas poderán inscribirse nunha xornada en concreto, en varias ou en todas elas marcando a opción que desexen na folla de inscrición.

– Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ao director da Escola Galega de Administración Pública (Polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e serán presentadas no Rexistro Xeral da EGAP, ou ben de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán admitidas inscricións por medio de fax enviado ao número 981 54 63 30 ou por correo electrónico dirixido ao enderezo novas.egap@xunta.es

– Inscricións fóra de prazo: só serán admitidas, de quedaren prazas libres, coa condición de que cumpran os requisitos xerais antes indicados.

As persoas solicitantes poderán obter a confirmación da súa admisión chamando por teléfono, das 8.30 ás 14.30 horas, aos seguintes números: 981 54 62 41 - 881 99 72 51.

7. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará:

– O día 20 de xuño, para a xornada do 22 de xuño de 2012.

– O día 19 de setembro, para a xornada do 21 de setembro de 2012.

– O día 17 de outubro, para a xornada do 19 de outubro de 2012.

– O día 21 de novembro, para a xornada do 23 de novembro de 2012.

– O día 16 de xaneiro para a xornada do 18 de xaneiro de 2013.

– O día 12 de febreiro para a xornada do 14 de febreiro de 2013.

– O día 13 de marzo para a xornada do 15 de marzo de 2013.

– O día 10 de abril para a xornada do 12 de abril de 2013.

8. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento destas xornadas, así como a facultade de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

9. Certificado de asistencia.

Entregarase un certificado de asistencia, ao final de cada xornada, a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 85% das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa a natureza da actividade e a data de realización.

Quen asista a todo o ciclo de xornadas formativas recibirá un diploma acreditativo de que completou a totalidade do ciclo.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública

Folla DE INSCRICIÓN

1. SOLICITANTE

Apelidos Nome DNI

2. DATOS PROFESIONAIS

Posto de traballo/profesión Corpo, subgrupo o escala (1) Nivel (2)

Entidade na que presta servizos: (3)

Enderezo do posto de traballo: rúa Nº Localidade Provincia CP Tfno.

Correo electrónico:

3. ACTIVIDADE SOLICITADA

Solicita asistir ao Ciclo de Xornadas Formativas para Cargos Electos da Administración Local que se desenvolverá os días que máis abaixo se relacionan na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela. (Marque os días que quere asistir):

□ 22 de xuño de 2012 □ 21 de setembro de 2012 □ 19 de outubro de 2012 □ 23 de novembro de 2012

□ 18 de xaneiro de 2013 □ 14 de febreiro de 2013 □ 15 de marzo de 2013 □ 12 de abril de 2013

Sinatura,

.................................................., ......... de....................................... de 2012

Os datos de carácter persoal contidos no impreso poderán ser incluídos nun ficheiro para o seu tratamento por este órgano administrativo, como titular responsable del, no uso das funcións propias que ten atribuídas e no ámbito das súas competencias. Así mesmo, infórmase da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, todo isto de conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14.12.1999)

(1, 2 e 3): cubrir só no caso de ser funcionario ou funcionaria.

Director da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)