Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: adecuación L.M.T. e C.T. Abeledo.
Situación: concello de Curtis.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,080 km, con orixe en apoio nº 18 existente de tipo HV-12/1.600 da L.M.T. SDG-709, tramo na derivada ao C.T. Abeledo (expediente 50389) onde se realiza a derivada ao C.T. Pedreira (expediente 50460), condutor tipo LA 56/54,6 mm² e final no C.T. Abeledo proxectado.
Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 14 de maio de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña