Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de maio de 2012, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador CR-PO-0035/2010-RB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente CR-PO-0035/2010-RB.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas na rúa do Camiño Francés nº 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á notificación da presente, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa escolla, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: CR-PO-0035/2010-RB.

Denunciado: Francisco Javier Meis Prado.

Último enderezo coñecido: Rosalía de Castro, 25-10 A. 36201 Vigo (Pontevedra).