Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2012/20-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. avda. Portugal, 15.

Situación: Ourense.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 20 m, con condutor R.H.Z.1, e orixe no C.T. Fonte do Bispo (32SX71) e remate na L.M.T. existente C.T. Malingre (32C728), con entrada e saída no C.T. proxectado non prefabricado, avda. Portugal, 15 de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 28.160,17 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 10 de maio de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense