Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e estudo ambiental das instalacións referidas ao Parque Eólico Outeiro Raposo (concellos de Cerdedo e Cotobade, provincia de Pontevedra) (expediente IN661A 2011/22-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública, por solicitude da empresa Vendavales Galaicos, S.L., as instalacións que a seguir se describen:

Título: Parque Eólico Outeiro Raposo.

Solicitante: Vendavales Galaicos, S.L.

Domicilio social: O Porto-Barrantes, 36636 Ribadumia.

Municipios afectados: Cerdedo e Cotobade.

Superficie afectada: 171,355 ha.

Localización (coordenadas UTM):

Coordenadas da poligonal:

X-UTM

Y-UTM

546.240

4.707.430

547.060

4.708.040

548.080

4.706.680

547.250

4.706.100

As coordenadas dos aeroxeradores son:

X-UTM

Y-UTM

546.908

4.707.340

547.183

4.707.090

547.358

4.706.815

Características técnicas do parque eólico:

– 3 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.

– Potencia total instalada: 9 MW.

– Produción neta anual estimada: 31.407,70 MWh/ano.

– Orzamento total: 10.037.720,42 euros.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

– 3 transformadores de 3.500 kVA instalados no interior do aeroxerador cunha relación de transformación 0,40/30 kV.

– Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 30 kV.

– Subestación transformadora equipada con transformador de 50 kVA, relación de transformación 30/0,4 kV, aparellaje de medida, protección, telemando, grupo electróxeno e demais equipamento auxiliar.

Obxecto da información pública:

– Estudo ambiental.

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

– Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas a nel, nesta xefatura territorial sita na avenida Fernández Ladreda nº 43 de Pontevedra (36003), no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.

O prazo de información pública para o proxecto sectorial é de 30 días contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O proxecto sectorial poderase examinar nesta xefatura territorial e nos concellos de Cerdedo e Cotobade.

Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderanse examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, concellos de Cerdedo e Cotobade, e nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, e poden presentarse ante ela cantas alegacións se consideren oportunas dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 30 de marzo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Afeccións de bens e dereitos afectados P. Eólico Outeiro Raposo

Superficie en m2

Datos catastrais

Titular

Pleno dominio

Servidume
de paso

Servidume de voo

P. eólica

Nº predio

Nº polígono

Nº predio catastro

Concello

Terreo

Paraxe

Nome

Enderezo

Cimentación

Plataforma

Subestación

Vías

Gabia

Voo

1

14

109

Cotobade

Mato, eucaliptus, piñeiral madeireiro

Saparizos

Descoñecido

Descoñecido

5.392

2

14

271

Cotobade

Mato, pastos

Fortosas

Descoñecido

Descoñecido

1.125

3.391

3.815

11.715

30

7.532

62.113

3

15

814

Cotobade

Mato, carballeira

Coto

Descoñecido

Descoñecido

2.580

4

16

50

Cotobade

Mato

Monte de Redonda

Descoñecido

Descoñecido

582

2.690

1.743

3.300

5

69

157

Cerdedo

Piñeiral madeireiro

Monte de Pedre

Descoñecido

Descoñecido

2.196

6

69

175

Cerdedo

Mato

Monte de San Bernabé

Descoñecido

Descoñecido

3.613

7

69

174

Cerdedo

Mato

Monte de San Bernabé

Descoñecido

Descoñecido

962

2.011

6.044

251

4.375

25.056

8

69

168

Cerdedo

Piñeiral madeireiro

Monte Casa das Minas e Bernabé

Descoñecido

Descoñecido

9

4.845

451

1.330

21.864