Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2012 Páx. 22427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da planta de biomasa forestal AXB Terra de Lemos. A Pobra de Brollón, Lugo (expediente IN407A 2010/110-2, 7805 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no Decreto 149/2008, do 26 de xuño (DOG nº 141), polo que se regula o procedemento de autorización das instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir da valoración enerxética da biomasa forestal primaria na Comunidade Autónoma de Galicia; no Real decreto 3275/1982, sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación; no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, sométese a información pública a petición da autorización administrativa, e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Peticionario: Norvento Biomasa, S.L.

Domicilio social: rúa Ribadeo, nº 2, entresollado, 27002 Lugo.

Situación: Os Medos, A Pobra de Brollón (Lugo).

Características técnicas principais da central termoeléctrica de biomasa forestal:

– Equipamento principal (segundo o ciclo de Rankine):

• Caldeira de biomasa de vapor de grella móbil.

• Cámara de combustión.

• Grupo turbina-xerador eléctrico, de vapor a condensación, de 5,6 MW de potencia nominal, a 6 kV.

• Condensador de vapor.

• Depósito de condensado.

• Desgasificador térmico.

– Equipos de transformación e de control:

Un transformador principal de 7.000 kVA, refrixeración de aceite ONAN, e conexión Dyn11 para elevar a tensión de xeración desde 6 kV a 20 kV, e un transformador para servizos auxiliares de 1.000 kVA, refrixeración natural, conexión Dyn11 e relación de transformación 20/0,4 kV. Celas e aparellos de protección, regulación, medida, mando e control.

– Outras instalacións industriais:

Recepción, almacenaxe e tratamento de biomasa, pesaxe, ponte guindastre, tratamento de gases, depuración de auga, electricidade en baixa tensión, iluminación (interior, exterior, de emerxencia e de sinalización), aire comprimido, sistema de protección contra incendios, rede de postas á terra, abastecemento de auga, saneamento, climatización, instrumentación e control.

Finalidade da instalación:

Xeración de enerxía eléctrica a partir de biomasa forestal primaria.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto de referencia e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, con enderezo na rolda da Muralla nº 70, 27071 Lugo, no prazo dun mes a partir da última publicación. Tamén poderán facelo, no mesmo prazo, no Concello da Pobra do Brollón.

Lugo, 7 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo