Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración de equipamentos de protección individual para o persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2012 (6/12-I) (expediente 3/2012).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos de protección individual para o persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2012 (6/12-I).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17291

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 54, do 16 de marzo de 2012.

e) División por lotes e número: si, tres lotes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 193.220,34 €, IVE excluído.

Lote 1. Importe neto: 83.898,305 €, importe total licitación: 99.000 €.

Lote 2. Importe neto: 83.898,305 €, importe total licitación: 99.000 €.

Lote 3. Importe neto: 25.423,729 €, importe total licitación: 30.000 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

– Lote 1: un mínimo de 600 traxes de protección ignífugos.

a) Data da resolución da adxudicación: 30 de abril de 2012.

b) Adxudicataria: Iturri, S.A.

c) Importe: 98.923,56 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 11.5.2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única oferta admitida no procedemento.

– Lote 2: un mínimo de 900 botas para brigadas e condutores de motobomba.

a) Data da resolución da adxudicación: 30 de abril de 2012.

b) Adxudicataria: El Corte Inglés, S.A.

c) Importe: 98.970,56 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 7.5.2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta técnica mellor valorada.

– Lote 3: un mínimo de 1.500 luvas.

a) Data da resolución da adxudicación: 30 de abril de 2012.

b) Adxudicataria: Suministro Profesionais Laborgal, S.L.

c) Importe: 29.989,76 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 8.5.2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a única empresa licitadora.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012.

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar