Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Boiro e Rianxo (expediente IN407A 32/2009).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado do proxecto L.M.T.S., C.T.C. polígono A Dorna.

Situación: concellos de Boiro e Rianxo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 10,570 km, con orixe en cela de liña na subestación de Boiro, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al e final en apoio de celosía 16/2000 existente da L.M.T.A. BOI809 entre o C.T. O Pazo e o C.T. Igrexa Taragoña, realizando entrada e saída nos C.T.S. proxectados.

– Centros de transformación n.º 1, 3, 4 e 5, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Centro de transformación n.º 6, cunha potencia de 250 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Centros de transformación n.º 2 e 7, cunha potencia de 630 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de maio de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña