Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Illa de Arousa (expediente IN407A 2012/107-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.

Domicilio social: praza Dr. Carus 7-1.º C edf. León XIII, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: L.M.T.S. de C.T. Vado a C.T. Castriños.

Situación: A Illa de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1 de 1.300 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Vado e final no centro de transformación Castriños. A instalación está situada na Illa de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra