Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Láncara (expediente IN407A 2011/116-2, 7953 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Eléctrica de Valdriz, S.L.

Domicilio social: r/ Charles Darwin, n.º 15, baixo, 15172 Perillo, Oleiros, A Coruña.

Denominación: reforzo L.M.T. A Pobra (colexio).

Situación: concello de Láncara.

Características técnicas:

L.M.T.S. consistente en reforzar un tramo da L.M.T. A Pobra, con orixe na L.M.T. A Pobra existente e final no C.T. Benigno Quiroga, cunha lonxitude de 55 metros en condutor R.H.Z.1-240.

En cumprimento dos trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 14 de maio de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo