Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21828

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 72/2012, interposto por Ana María Sánchez Miniño.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 72/2012, interposto por Ana María Sánchez Miniño, contra a Resolución do 27 de decembro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de decembro de 2011 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar (DOG n.º 8, do 12 de xaneiro de 2012).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública