Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21837

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 4 de xuño de 2012 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 012 (peón/laborante e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

En virtude das ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG n.º 81, do 27 de abril) convocáronse os procesos selectivos para o ingreso na categoría 012 (peón/laborante e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Mediante a Orde do 12 de marzo de 2008 (DOG n.º 67, do 8 de abril) elevouse a definitiva a proposta de aspirantes que os superaron.

Mediante a Orde do 15 de xullo de 2008 (DOG n.º 139, do 18 de xullo) procedeuse ao seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicáronselles destinos provisionais.

Co obxecto de que o dito persoal poida tomar posesión dun destino definitivo, e segundo o disposto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 012 (peón/laborante e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre convocados polas ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG n.º 81, do 27 de abril), ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 11 de xuño de 2012, ás 10.00 horas.

Segundo. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel. Os aspirantes que ingresen pola quenda de promoción interna e cambio de categoría terán en todo caso preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. No caso de solicitar excedencia voluntaria por incompatibilidade deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal en que conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite.

Sexto. Contra esta orde poderase interpor reclamación administrativa ante a Consellería de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

N.º

Código do posto

Cons.

Denominación

Grupo

Categ.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Observacións

1

EDC994020136420042

ED

Peón/oa agrario/a

V

002, 008, 012

CIFP «A Granxa» (Ponteareas)

Servizos periféricos

Ponteareas

Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

2

SAC991000032001060

SA

Peón/oa

V

012

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

Xornada mañá ou tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

3

TRC991000032001840

TR

Peón/oa

V

012

Xefatura Territorial Ourense

Servizos periféricos

Ourense

4

TRC994010115080050

TR

Mozo/a

V

012

Complexo Xuvenil As Mariñas

Servizos periféricos

Bergondo

B12 = 693,96 €.

5

TRC994010115700001

TR

Peón/oa

V

012

Campamento Xuvenil Virxe de Loreto

Servizos periféricos

Porto do Son

B12 = 693,96 €.

6

TRC994010127500001

TR

Mozo/a de mantemento

V

012

Campamento Xuvenil A Devesa

Servizos periféricos

Ribadeo

B12 = 693,96 €.

7

TRC994021032190064

TR

Xardineiro/a

V

012

Residencia de Tempo Libre do Carballiño

Servizos periféricos

O Carballiño

Laboral fixo-descontinuo

8

TRC994021036350093

TR

Mozo/a servizos

V

012

Residencia de Tempo Libre de Panxón

Servizos periféricos

Nigrán

Complemento salarial de singularidade de especial dedicación, laboral fixo-descontinuo

9

TRC994070115690004

TR

Peón/oa

V

012

Centro Sociocomunitario As Pontes

Servizos periféricos

As Pontes

Quendas de mañá e tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

10

TRC994070115690005

TR

Peón/oa

V

012

Centro Sociocomunitario As Pontes

Servizos periféricos

As Pontes

Quendas de mañá e tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

11

TRC994070132430005

TR

Peón/oa

V

012

Centro Sociocomunitario de Maceda

Servizos periféricos

Maceda

Quendas de mañá e tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

12

TRC994070132430006

TR

Peón/oa

V

012

Centro Sociocomunitario de Maceda

Servizos periféricos

Maceda

Quendas de mañá e tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

13

TRC994070136440005

TR

Peón/oa

V

012

Centro Sociocomunitario Redondela

Servizos periféricos

Redondela

Quendas de mañá e tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

14

TRC994070136560004

TR

Peón/oa

V

012

Centro Sociocomunitario de Teis

Servizos periféricos

Vigo

Quendas de mañá e tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

15

TRC994070136560005

TR

Peón/oa

V

012

Centro Sociocomunitario de Teis

Servizos periféricos

Vigo

Quendas de mañá e tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

16

TRC994070336560009

TR

Peón/oa

V

012, 002

Centro Sociocomunitario de Coia

Servizos periféricos

Vigo

Quendas de mañá e tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

17

MRC060020115080065

MR

Peón/oa agrario/a especializado

V

002, 008, 012

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Bergondo

Xornada especial. Complemento salarial de singularidade por toxicidade. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.

18

MRC060020427300036

MR

Peón/oa agrario/a especializado

V

002, 008, 012

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos (Lugo)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Monforte de Lemos

Xornada especial. Complemento salarial de singularidade por perigosidade. Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.