Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de obra de rehabilitación de edificación para café bar restaurante nas minas de San Fins en Lousame (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 21 de maio de 2012.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: rehabilitación de edificación para café bar restaurante nas Minas de San Fins en Lousame (A Coruña).

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

1.4. Orzamento base de licitación: 199.957,63 euros, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de maio de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 23 de maio de 2012.

c) Contratista: Tuconsa.

d) Importe de adxudicación: 167.764,45 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2012.

M.ª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo