Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 22 de maio de 2012, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 6 de marzo de 2012 ditada no expediente sancionador da Coruña AC-12/12 por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luis Martínez Sieira, e os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co artigo 13.1.d) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, a resolución do presente procedemento por infracción grave corresponde á titular da Secretaría Xeral para o Turismo, segundo o disposto no artigo 79.1.b) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

A resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 84.1 da Lei 14/2008, do 3 de decembro.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para presentar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formularen alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 22 de maio de 2012.

M.ª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-12/12.

Denunciada: M.ª Dolores Cabana Días Herederos, C.B.

CIF: E15586282.

Establecemento: aloxamento Iberia.

Domicilio: praia da Magdalena, s/n.

Localidade: Cabanas.

Precepto infrinxido: artigo 70.c) da Lei 14/2008.

Incoación: 6 de marzo de 2012.

Sanción: multa de mil douscentos euros (1.200 €).