Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para fomento da forestación de terras agrícolas número 11270216/2005 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de correos, notifícanse aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 11270216/2005 e 11320265/2005 (Orde do 13 de maio de 2005, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2005 as axudas para o fomento da forestación de terras agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste prazo.

Concédese aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación da resolución, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que achen conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012.

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11270216/2005.

Interesado: Manuel Bodenlle López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lg. Arcillá, s/n, 27377 Cospeito (Lugo).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11320265/2005.

Interesado: Orsating, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Alejandro Pedrosa, 34, baixo, 32001 Ourense.