Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21542

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal de interinidade, unha praza de facultativo especialista da Área de Nefroloxía.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias que lle foron atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 28 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 188, do 30 de setembro), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal de interinidade dunha praza de facultativo especialista da Área de Nefroloxía.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2012.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés