Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 23 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se emprazan os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia (Ascend RMM, S.L. e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal n.º 8, 3.º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 23 de maio de 2012.

Julio Pedrosa Vicente
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

Órgano tramitador

Procedemento

NIF/CIF

Nome

B36918787

Ascend RMM, S.L.

SI

ITPAXD

Inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación

Exercicio 2008

B69225683

Balcón da Xunqueira, S.L.

SI

ITPAXD

Acordo-resolución expediente sancionador e cartas de pagamento

Exercicio 2007

B36879005

Universal de Pescados, S.L.

SI

ITPAXD

Inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación

Exercicio 2008

Órganos tramitadores:

SI: Servizo de Inspección

Procedemento:

ITPAXD: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados