Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 16 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se empraza a Francisco, José María para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal, n.º 8, 3.º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 16 de maio de 2012.

Julio Pedrosa Vicente
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

Órgano
tramitador

Procedemento

NIF/CIF

Nome

X5086320P

Francisco, José María

SI

ITPAXD

Trámite de audiencia

Período 2008

Órganos tramitadores:

SI: Servizo de Inspección Tributaria.

Procedemento:

ITPAXD: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.