Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21459

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se someten a información pública as solicitudes de licenzas urbanísticas que se citan (expedientes 38233/422 e 39044/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Oreco, S.A.; actividade: almacén, taller de carpintaría e oficinas; lugar: estrada de Fragosiño n.º 8; expedientes: 74017/421 e 38233/422.

2. Solicitante: Antonia Alfaya Carrera; actividade: taller de reparación de vehículos no servizo de pneumáticos e nas ramas de mecánica e electricidade; emprazamento: rúa Aragón n.º 130; expedientes: 75935/421 e 39044/422.

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto dende o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte dáis desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse a disposición do público en xeral e pódense consultar na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei 4, Vigo).

Vigo, 10 de maio de 2012.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos
Históricos e Grandes Proxectos