Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21381

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2719/2008).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2719/2008, seguido por instancia de Juan Pozo Sampedro, contra o INSS, a TXSS e outros, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a Sentenza do 14 de marzo de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en autos acumulados seguidos por instancia de Juan Pozo Sampedro e por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social, en que actúan como partes, ademais destas dúas citadas, as recorrentes e a entidade mercantil Construcciones Conde Pascual, S.L., a sala confirmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones Conde Pascual, S.L., con último domicilio coñecido en Finca Barandela-Taboadela (Ourense), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

O secretario xudicial