Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposicións economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obras.

a) Descrición: reparación do emisario de Punta Touro. Ribeira (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.986.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232424-0.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 243, do 22 de decembro de 2011, corrección de erros DOG n.º 5, do 9 de xaneiro de 2012.

Orzamento base de licitación: importe neto: 1.599.822,84 euros. Importe total: 1.887.790,95 euros.

Data de adxudicación: 30 de abril de 2012.

Importe de adxudicación: importe neto: 1.393.941,87 euros. Importe total: 1.644.851,41 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de maio de 2012.

Contratista: Bardera Obras Civiles y Marítimas, S.L.

b) Descrición: rede de sumidoiros en Caños de Moledo. Marín (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.983.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 243, do 22 de decembro de 2011, corrección de erros DOG n.º 5, do 9 de xaneiro de 2012.

Orzamento base de licitación: importe neto: 456.900,94 euros. Importe total: 539.143,11 euros.

Data de adxudicación: 30 de abril de 2012.

Importe de adxudicación: importe neto: 398.325,85 euros. Importe total: 470.024,50 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de maio de 2012.

Contratista: Construcciones Enrique C. Casas, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun setenta por cento (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais) e emisarios. Unha maneira de facer Europa.

O cofinanciamento europeo, así mesmo, fíxose público no perfil do contratante e foi comunicado de xeito individual aos licitadores.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, fora debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG n.º 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia