Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21192

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 25 de maio de 2012 pola que se modifica a Orde do 7 de maio de 2012 pola que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia para 2012, parcialmente cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo de Galicia 2007-2013.

A Orde do 7 de maio de 2012 pola que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia para 2012, parcialmente cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo de Galicia 2007-2013, establecía no seu artigo 4.b) a obrigatoriedade de achegar o certificado da composición do grupo en data 1 de xaneiro de 2012. A data establecida causa diversas dificultades relacionadas coa xestión dos grupos de investigación, polo que a consellería aceptará as certificacións correspondentes á composición dos grupos no momento da solicitude.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

Modificación do artigo 4.b) da Orde do 7 de maio de 2012 (DOG do 15 de maio), que queda redactado do seguinte xeito:

«Certificado da composición dos grupos emitido pola universidade de orixe, indicando o código e denominación de grupo, así como o número de membros do grupo que son mulleres. A composición certificada será a do grupo no momento da solicitude, pero en caso de se teren producido altas e baixas entre o 1 de xaneiro de 2012 e o momento da solicitude deberán ser indicadas».

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria