Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21155

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do, 31 de maio de 2012, polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A aprobación da modificación das relacións de postos de traballo das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais das consellerías.

En consecuencia, por proposta das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 31 de maio de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación das relacións de postos de traballo das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 31 de maio de 2012, relativo á aprobación da modificación das relacións de postos de traballo das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file