Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21140

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

EDICTO relativo á aceptación da delegación efectuada polo Concello de Catoira para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana e das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de abril de 2012, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Catoira, por acordo do Pleno do 29 de decembro de 2011 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana e das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

A citada delegación será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (Oral).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 2 de maio de 2012.

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra