Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, a quen non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que de non ser iniciado este en tempo e forma deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 14 de maio de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expt.

Precepto

infrinxido

Último domicilio

Resolución

Gabin. Viveiro, S.L. (M.ª Jesús Docal Parapar)

76569364

LU-E 361/11

26-e) LO 1/1992

R/ Xunqueira n.º 4, 4.º, Viveiro

Multa de 300 €

Francisca Álvarez Romero

34889278-A

LU-E 12/12

26-e) LO 1/1992

R/ Ramón Canosa,

n.º 22-3.º C, Viveiro

Multa de 300 €

Ribalider, S.L.

B-27289644

LU-E 24/12

26-e) LO 1/1992

Avda. Galicia n.º 8, baixo,

Ribadeo

Multa de 300 €